CD9

CD9
Identificadores
Símbolo CD9
Símbolos alt. 5H9; BA2; BTCC-1; DRAP-27; GIG2; MIC3; MRP-1; P24; TSPAN29
Entrez 928
HUGO 1709
OMIM

143030

RefSeq NM_001769
UniProt P21926
Outros datos
Locus Cr. 12 p13

O CD9 (cluster de diferenciación 9) é un antíxeno proteico da superficie celular, que nos humanos está codificado no xene CD9 situado no cromosoma 12.[1] Exprésase especificamente en células pre-B, monocitos, eosinófilos, basófilos, plaquetas, células T activadas, nervios, músculo liso vascular e ovocitos.[2]

A proteína codificada por este xene forma parte da superfamilia transmembrana 4, tamén chamada familia da tetraspanina. A maioría dos membros desta familia son proteínas da superficie celular que se caracterizan pola presenza de catro dominios hidrofóbicos. Estas proteínas median eventos de transdución de sinais que xogan un papel na regulación do desenvolvemento da célula, activación, crecemento e motilidade.

O CD9 é unha glicoproteína de 24 kDa da superficie celular que forma complexos con integrinas e outras proteínas da superfamilia transmembrana 4. Atópase na superficie das vesículas chamadas exosomas. Pode modular a adhesión e migración celular e tamén desencadea a activación e agregación plaquetaria. Ademais, a proteína parece promover a fusión da célula muscular e apoia o mantemento dos miotubos.[3] Esta proteína tamén parece ser fundamental para a fusión do óvulo e o espermatozoide durante a fertilización, xa que os gametos dos ratos knockout CD9 non se poden fusionar.[4] O CD9 está localizado na membrana de microvilli dos ovocitos e tamén parece intervir en manter a forma normal dos microvilli do ovocito.[5]

  1. Katz F, Povey S, Parkar M, Schneider C, Sutherland R, Stanley K, Solomon E, Greaves M (1984). "Chromosome assignment of monoclonal antibody-defined determinants on human leukemic cells". Eur J Immunol 13 (12): 1008–1013. PMID 6198179. doi:10.1002/eji.1830131211. 
  2. Janeway, Jr; et al. (2000). Inmunobiología. Masson, SA. ISBN 84-458-1176-2. 
  3. "Entrez Gene: CD9 CD9 molecule". 
  4. François Le Naour; et al. (2000). "Severely Reduced Female Fertility in CD9-Deficient Mice". Science 287 (5451): 319–321. PMID 10634790. doi:10.1126/science.287.5451.319. 
  5. Kathryn E. Runge; et al. (2007). "Oocyte CD9 is enriched on the microvillar membrane and required for normal microvillar shape and distribution". Developmental Biology 304 (1): 317–325. PMID 17239847. doi:10.1016/j.ydbio.2006.12.041. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search